A DO Monterrei recolle as mostras do seu viño

do monterrei catas galicia
photo_camera O técnico de Agacal co técnico da DO e cun viticultor.
Esta acción realízase para as Catas de Galicia 2023

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), xa realizou a recollida de mostras do viño da Denominación de Orixe Monterrei para a celebración da cata oficial das Catas de Galicia 2023, correspondentes ás XXXV Cata dos Viños, no caso do Consello Regulador da DO Monterrei. 

Os técnicos de Agacal estiveron acompañados na súa visita polas adegas de Monterrei polo director técnico do Consello Regulador, quen os guiou polo territorio a denominación. “O traballo do persoal de Agacal e dos consellos reguladores desenvólvese con todas as garantáis, o rigor e a seriedade para garantir en todo caso o anonimato das marcas participantes”, sinalan dende Medio Rural. 

O persoal encargado desta labor, recollen e identifican as botellas participantes nas súas respectivas adegas. Para garantir que as catas sexan a cegas, todas elas se envolven en material opaco e introdúcense posteriormente nunah caixa selada, quedando só visible o nome da categoría na que participan e o tipo de viño. n

Te puede interesar