MONTERREI

Dúas persoas resultan feridas nun accidente de tráfico en Verín

O suceso tivo lugar ás 14,30 horas. Os Bombeiros tiveron que excarcelar e liberar a un dos ocupantes do turismo que quedou atrapado polas pernas

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na estrada de Braganza, na parroquia de Ábedes do municipio ourensano de Verín.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 14,30 horas, momento no que se desprazaron ao punto os servizos de Urxencias Médicas 061 e os Bombeiros de Verín.

Unha vez alí, os Bombeiros, axudados dun equipo de excarceración, liberaron un dos ocupantes do vehículo que quedara atrapado polas pernas.

A outra persoa que viaxa no coche puido abandonar o vehículo polo seu propio pé con feridas leves. Ambos os dous ocupantes foron trasladados a un centro sanitario.

Te puede interesar