O emprego rural crece en Monterrei con modernos servizos

_RTB8335
photo_camera María Jesús Lorenzana con José Luis Suárez.
Lorenzana tamén visitou a empresa Crego e Monaguillo

Monterrei é un dos núcleos que exemplifica o compromiso da Xunta co emprego rural. Así o afirmou María Jesús Lorenzana, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, nunha reunión con José Luis Suárez, alcalde de Monterrei, e con Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta.

A comarca de Monterrei, ademais de contar cunha oficina de emprego renovada, foi a primeira en estrear un polo de emprendemento na comunidade. Tamén conta cun Centro de Información á Muller (CIM) que atende a sete concellos. Así, conselleira e alcalde puxeron sobre a mesa estas liñas postas en marcha para favorecer o emprego de calidade no ámbito rural e barallaron novas posibilidades. “Trátase de facer un mellor encaixe entre a oferta de man de obra e a demanda do tecido produtivo das contornas”, anotou a titular de Promoción do Emprego.

Ademais, Lorenzana visitou a bodega Crego e Monaguillo, da DO Monterrei. Unha empresa con máis de 50 anos de vida, na que a responsabilidade social empresarial é un dos seus “leitmotivs”. 

Te puede interesar