MONTERREI

A exposición “As cores do jazz" acada un gran éxito de público

As cores do Jazz “conxela” a través dos cadros da pintora viguesa Iria Blanco Barca e esculturas de Xosé Rivada a improvisación característica do espírito jazzístico

Dende o pasado 15 de xaneiro, a sala de exposicións da vila de Verín acolle a mostra "As cores do Jazz", organizada polos artistas Xosé Rivada e Iria Blanco coa colaboración do Concello de Verín e cun grande éxito de público, segundo confirman fontes municipais.

Procedente da Galicia Atlántica (Alcaldía de Vigo e Capitanía de Baiona), As cores do Jazz “conxela” a través dos cadros da pintora viguesa Iria Blanco Barca e esculturas de Xosé Rivada a improvisación característica do espírito jazzístico. 

Esta mostra dual, de carácter netamente itinerante, estará exposta na Sala de Exposicións de Verín ata o vindeiro día 29 de febreiro, despois tamén do éxito colleitado nas cidades portuguesas de Chaves, O Porto e Lisboa.
 

Te puede interesar