O festival verinés Extruga na Rúa celebrarase este ano nunha nova ubicación

A Preguiza Verín (c.c.)
photo_camera El parque de A Preguiza en Verín. (Foto: C.C.).
Este sábado el bar Alameda acoge a las 22,00 horas la final del concurso e Bandas emergentes

O festival verinés Extruga na Rúa cambia a súa ubicación este ano. A cita será no parque de A Preguiza, ao carón do río Támega e da Alameda de Verín. Alí localizaranse os concertos, as actividades que se están a programar, o mercadiño  e os postos de comida. 

Como novidade este ano, o equipo organizador decidiu ampliar a duración do Extruga sumando un día máis a súa celebración. Así, os amantes deste festival alternativo poderán desfrutar das novidades deste 2022 durante os días 26, 27 e 28 de agosto.

Mentres o seu equipo continúa coa preparación dos concertos e de cada detalle, este sábado celebrarase a final do concurso de Bandas emerxentes. “Despois de convocar o concurso, das votacións, que foron moitas, por fin imos ver en directo ós dous grupos que van á final”, explican dende o Extruga na Rúa. Os finalistas son Brais Ninguén e Os Presuntos, que actuarán no bar Alameda ás 22,00 horas. O gañador recibirá 400 euros e a oportunidade de subirse ó escenario dos concertos do Extruga na Rúa.

Te puede interesar