O IES García Barbón renova a súa biblioteca: paredes brancas, mesas novas e espazos de lecer

Biblio barbón para faldón
photo_camera Resultado de la biblioteca del IES García Barbón. (Foto: cedida).
A instalación dispón de mesas con enchufes integrados

O IES García Barbón de Verín renovou integramente a súa biblioteca. O espazo gañou en atractivo e funcionalidade, pintando as paredes de branco, con novo mobiliario máis accesible e de cores neutras, reformáronse as fiestras e a iluminación, feita a partir dun estudo profesional, tendo en conta a finalidade do lugar.

Ademais, con esta renovación, o alumnado e o profesorado teñen máis de seis mil libros a súa disposición, colocadas en andeis á altura da vista. Os fondos inclúen obras de ficción e non ficción en galego, castelán e inglés, ademais de banda deseñada, CD de música, DVD de películas e xogos didácticos.

Paralelamente, a biblioteca conta con mesas de estudo que posúen enchufes integrados para o uso de dispositivos electrónicos, ademais dunha mesa específica para xogos e un "recuncho lector".

Por outra banda, dende o punto de vista de dinamización -que coordina Carmen Manzano-, dende a Biblioteca do instituto lévanse a cabo unha serie de liñas de actuación destinadas a fomentar a lectura e inserir a biblioteca na vida escolar. 

Para iso, dáse a coñecer dende o principio do curso o seu funcionamento e recursos dispoñibles, créanse actividades e exposicións, amplíase o fondo con novidades en libros e banda deseñada, faise publicidade das actividades e lecturas nas redes sociais, créanse espazos temáticos con material sobre Igualdade e Mindfulness -proximamente de Neuroeducación- e, en definitiva, implícase á biblioteca na formación do centro.

Te puede interesar