ENTREVISTA

Jaime Díaz: "Vir a Verín é unha maneira de voltar ás miñas raíces"

jaime díaz verín (C.c.)
photo_camera Jaime na Praza Maior. (Foto: C.C.).
Jaime Díaz é de Barcelona e un profesor prexubilado de náutica

Jaime Díaz vén todos os veráns a Verín, lugar de encontro coa familia e algúns barceloneses que tamén veranean na vila. Coa casa familiar en pleno casco vello, Jaime desfruta da paz que lle transmite o sitio no que naceu, recargando as súas enerxías para voltar á Barcelona.

Por que volve todos os veráns a Verín? 

Para reencontrarme coa familia, para ver os que están aquí e para dedicarlle un tempo ao relaxamento e desconexión da cidade. Veño só, miña muller e fillos quedan alí, vir aquí é unha maneira de voltar ás miñas raíces, algo que sempre teño presente na miña vida, o lugar no que nacín, ten algo especial.

Que diferenzas atopas coa súa vida en Barcelona?

Son totalmente diferentes. Como non vivo aquí, só podo ver o bo e sen dúbida, aquí a tranquilidade respecto a afluencia de persoas nótase. Outra cousa moi diferente é o xantar, aquí cómese moito mellor, tamén o aire máis limpo, subes a Monterrei e corre un aire fresco e limpo, algo que alá, por desgraza, non temos.

Entón, cal diría que é a mellor vantaxe do rural?

As vantaxes son moi persoales. Se che gusta o illamento, o rural é ideal. Hai menos xente, cando vas a algún lugar podes desfrutalo, a natureza tela cada dous pasos. Eu quédome con iso, a facilidade para desfrutar da natureza sen aglomeracións de persoas.

Agora coa pandemia presente, nota diferenzas entre un e outro lugar?

Eu síntome igual de seguro en Verín e en Barcelona. Alí son moi rigurosos, é difícil ver malos comportamentos todos os días. Este verán si que é certo que aquí vin algo máis de relaxación, pero supoño que son épocas. En temas de tráfico si que podo notar unhas diferenzas máis marcadas, por exemplo, pero sobre o coronavirus non vexo grandes diferenzas respecto a súa xestión.

E o que máis lle gusta de Verín?

Sen dúbida, a comida. Soa a tópico, pero é algo real. Ademais de que os prezos son moi interesantes, aquí podes desfrutar dun produto moi bo, nótase a calidade. E despois dunha boa comida, un bo plan é desfrutar do entorno, visitar as fontes ou o Castelo de Monterrei, un lugar onde a vista que hai do val é impresionante.

Te puede interesar