FOTONOTICIA

Laza mellora os viais municipais

laza obras
photo_camera O camiño que se arranxará. (Foto: cedida).
O Concello de Laza continúa traballando na mellora dos diferentes camiños municipais, para o que conta cun presuposto de 69.800 euros, destinados ao conxunto de actuacións programadas polo Consistorio. Estes días iniciaranse obras de acondicionamento e rehabilitación de viais no tramo que comunica Soutelo Verde e Tamicelas, sumándose a actuacións xa finalizadas ou en execución en Laza, Trez, Matamá ou Castro, entre outras poboacións do concello.

Te puede interesar