A moda de Verino xa forma parte das Belas Artes

photo_camera El concello de Verín acoge en su auditorio municipal un acto de homenaje para Roberto Verino. Este diseñador ha llevado el diseño gallego a lo más alto de la moda y, ahora, la Real Academia Galega de Belas Artes lo reconoce con este acto.
O deseñador pronunciou o seu discurso de ingreso na Academia nun acto multitudinario

O deseñador de moda Roberto Verino pronunciou onte o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) como académico numerario da Sección de Artes da Imaxe, titulado “Aportación da moda galega ao orgullo de país”. O acto, que se celebrou no Auditorio de Verín, estivo presidido polo presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, e o discurso foi contestado en nome da Academia polo membro numerario da Sección de Artes da Imaxe, Xurxo Lobato.

O orgullo pola terra foi a temática ao redor da que xirou a disertación que ofreceu Manuel Roberto Mariño Fernández a un auditorio repleto e emocionado ante o seu ingreso na RAGBA, institución á que agradeceu profundamente o recoñecemento. Tamén expresou a súa gratitude ao Concello de Verín por facilitar o enclave para este encontro máxico e especial na vila que o veu nacer e que se converteu no seu apelido profesional, Verino. Por suposto, compartiu coa súa familia esta distinción e agradeceu o seu apoio desde os inicios, así como co seu equipo de traballo e amigos que o acompañaron neste longo camiño persoal e profesional, onde a perseveranza foi o credo e norma do seu traballo.“Desde
o particular ao universal, este foi o leitmotiv do meu quefacer como deseñador”, puntualizou.

De regreso ao sentimento de orgullo pola súa terra, Roberto Verino relatou ao auditorio como foi capaz de proxectalo no mundo da moda, cunha carreira marcada por “impregnar de pegadas recoñecibles a orixe de cada peza, o lugar onde se confeccionaba, marcando un camiño de identificación, de orixe, de revalorización da nosa terra”, asegurou o deseñador.

Quintana Martelo sinalaba que a moda ten a capacidade de atraer e conectar con millóns de persoas desde a súa funcionalidade e a súa conceptualidade, unha mostra da capacidade que outras artes teñen máis limitada, polo que se evidencia a relación manifesta entre moda e arte. Xurxo Lobato destacou que coa entrada do deseñador énchese o baleiro que había co mundo da moda, un dos sinais de identidade de Galicia.

Te puede interesar