NADAL

Monterrei convoca dous concursos de beléns e postais

O día 23 haberá unha misa de Nadal con actuación da Coral de Verín

A programación elaborada polo Concello de Monterrei para as vindeiras festas inclúe sendos concursos de beléns e postais.  Ademáis,  día 23, ás 19,00 horas, na igrexa de Medeiros, haberá misa de Nadal, na que actuará a Coral de Verín. O día 28 os máis cativos visitarán pazolandia, para o que poden inscribirse no Concello ata o día 22. Así mesmo, do 22 ao 29 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro, entre as 11,00 e as 13,00 horas, haberá ludoteca en Albarellos.

Te puede interesar