INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
O Castelo de Monterrei converterase, un ano máis, no epicentro mundial da gaita debido á celebración da XXXVIII Xuntanza Internacional de Gaiteiros os días 25 e 26 de agosto. Este importante foro de carácter mundial naceu hai case 40 anos como complemento ás actividades da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense.
"A súa primeira edición celebrouse o 26 de xullo de 1986 no barrio da Ponte de Ourense, baixo a denominación de I Xuntanza de Gaiteiros do País. A partir desa edición o evento foi percorrendo distintos concellos da provincia, establecéndose no 2007 o Castelo de Monterrei como sede permanente. No 2016 foi declarado evento de Interese Turístico e Cultural pola Xunta de Galicia", explicaron as autoridades na presentación da cita.
En dita presentación participaron Marta Nóvoa, vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense; Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense; José Luis Suárez, alcalde de Monterrei; Xosé Lois Foxo, director da Escola de Gaitas da Deputación, e Nonito Pereira, fillo dun dos homenaxeados nesta edición. "Cando un evento leva 38 anos, é porque ten éxito", anotou Nóvoa, quen afirmou que é "unha honra colaborar dende a Deputación cun acontecemento tan importante para a música tradicional galega e para toda a comarca de Monterrei desde un símbolo tan fermoso como é o Castelo".
Pola súa banda, Suárez puxo en valor "non só a importancia cultural deste acontecemento, senón tamén o impulso dinamizador que supón para o municipio e para toda a comarca". Unha comarca que homenaxeará esta fin de semana a Nonito Pereira, algo que agradeceu emocionado o seu fillo que leva o seu mesmo nome. Por último, Foxo lembrou que coa 38 edición desta xuntanza "marcamos 38 anos de vida coa gaita como parte fundamental da historia da civilización" e sinalou que a filosofía deste evento "non só é divertimento: é a busca do coñecemento".
Así, a Xuntanza de Gaiteiros constituíuse, ao longo dos anos, como un prestixioso foron a nivel universal, tendo pasado polos seus escenarios os máis destacados gaiteiros de calquera rincón do mundo. O obxectivo é levar a Ourense dende as gaitas máis primitivas ata aquelas máis cultivadas. Precisamente, "grazas a esta inquedanza, a Xuntanza é unha escola aberta, non somentes para estudosos, senón tamén para os amantes da música de gaita", anotaron na presentación.
A cita comezará o venres ás 19,00 horas con actuacións na Praza da Hermida de Flariz. Alí participará un grupo local e agrupacións que chegan dende Bretaña, Georgia, Asturias e Zamora.
O día grande será o sábado, 26 de agosto, onde se desenvolverán conferencias didácticas, exposicións e actividades de carácter científico, sen esquecer a música. Haberá unha mostra fotográfica no Hospital do Peregrino do Castelo sobre a iconografía da gaita e ás 11,00 horas comezará o curso de técnica de Uilleann Pipe, seguido da homenaxe ao produtor musical Nonito Pereira e variadas conferencias. Será ás 19,00 horas cando comezará a soar a música, na explanada do Castelo de Monterrei e coa participación de case unha vintena de formacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Europa en guerra agrícola
ALTA OCUPACIÓN
Manzaneda estrena año con varias pistas abiertas
TERCERA FEDERACIÓN
Ousman, primer fichaje invernal del Barbadás