Monterrei traballa nun novo plan de ordenación municipal

220502 AVM SINATURA CONVENIO MONTERREI 1
photo_camera Sinatura do convenio entre Xunta e Concello.
A Xunta de Galicia asumirá o 100% do custo deste novo instrumento cunha achega de case 130.000 euros

O novo Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Monterrei estará financiado pola Xunta de Galicia con case 130.000 euros, unha contía que cubrirá os 100 euros  do custo estimado de redacción. 

Así o anunciou Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na firma do convenio con José Luis Suárez, alcalde de Monterrei, en Santiago de Compostela. Neste acordo fíxanse os termos da colaboración técnica e económica entre ambas administracións para sacar adiante o novo planeamento. 

Deste xeito, e despois de que o Consello da Xunta autorizara na súa última reunión a sinatura do convenio, o departamento autonómico compromete unha achega de 129.504 euros en catro anualidades que se farán efectivas a medida que o Concello acredite que supera as diferentes fases de tramitación do PXOM. O Concello de Monterrei xa está en disposición de dar o primeiro paso para poder comezar a traballar no documento, que se corresponde coa licitación do contrato de redacción correspondente. 

Ya hay 113 concellos en Galicia con Pxom

Dende a Xunta recordan que o plan xeral de Monterrei, aprobado definitivamente no 2014, foi anulado por unha sentenza do Tribunal Supremo en decembro de 2016, unha decisión que fixo que o municipio ourensán volvera rexerse dende o punto de vista urbanístico polas normas subsidiarias de planeamento de 1989. Por este motivo, o Goberno local decidiu iniciar o procedemento para aprobar un novo plan xeral, que ademais deberá adaptarse ao disposto na Lei de solo de Galicia.

Agora, na colaboración do ente autonómico con Monterrei, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo estará á súa disposición para resolver as dúbidas que xurdan durante toda a tramitación. Deste xeito, “Monterrei poderá sumarse aos 113 concellos galegos que xa contan cun planeamento propio e adaptado ao marco normativo urbanístico de referencia”, apuntou Vázquez. 

Neste sentido, a conselleira lembrou que as axudas ás entidades locais para redactar os seus plans xerais de ordenación municipal é unha das principais liñas de actuación da Xunta para avanzar cara ao obxectivo de “ningún concello sen PXOM”.

Te puede interesar