FOTONOTICIA

A obra de teatro "Morgana en Esmelle" chega a Verín

photo_camera Representación da obra “Morgana en Esmelle”.
A representación teatral aterrou no Audtiorio Municipal do Concello de Verín

O Auditorio Municipal de Verín acolleu este sábado a obra “Morgana en Esmelle” de Sarabela Teatro. Esta produción é unha adaptación da novela de Begoña Caamaño, xornalista e escritora natural de Vigo que falecía en Santiago de Compostela no ano 2014.

Baixo a dirección de Ángeles Cuña, a obra conta cun reparto actoral de primeiro nivel, co que o público se adentrou na historia de Morgana, na que se reflexiona sobre a responsabilidade de asumir os nosos actos. 

Sinopse

A obra de teatro fala sobre a vida de Morgana. A súa chegada a Esmelle altera a aparente serenidade coa que Merlín vive no bosque deste lugar. A amante de Artur entra na casa Miranda en busca de respostas á súa infelicidade. 

En “Morgana en Esmelle”, Begoña Caamaño reflexiona ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Ademais, fala sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos. Unha novela que reescribe o mito cunha mirada contemporánea.

Te puede interesar