LITERATURA

Unha moza voluntaria da Biblioteca de Verín escribe un libro sobre Chivite

A presentación celebrarase na Biblioteca Municipal.
photo_camera A presentación celebrarase na Biblioteca Municipal.
Será presentado este venres e contén publicacións do historiador en revistas

Lorena Carnero, voluntaria cultural na Biblioteca Municipal de Verín dende os 13 anos de idade, presentará este venres, ás 19,30 horas, nas mesmas instalacións, o seu libro "Don Xesús Taboada Chivite: dende o seu fiesterre tamagán". A publicación, editada pola propia biblioteca, contén o conxunto de separatas que publicou Xesús Taboada Chivite en multitude de revistas especializadas na etnografía e a arqueoloxía, e foi completada cunha biografía intimista do escritor.

Durante o acto de presentación, ao que asistirán o director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane e a concelleira de Cultura, Emilia Somoza, proxectarase unha filmación inédita na que Xaquín Lorenzo "Xocas" fala do seu amigo e compañeiro en multitude de publicacións: Xesús Taboada Chivite. Este vídeo foi realizado por Xerardo Dasairas durante unha entrevista levada a cabo no despacho de Xaquín Lorenzo na década dos oitenta.

Dende a Biblioteca Municipal amosaron o seu "orgullo" pola publicación deste libro xa que, por primeira vez, se consegue a unificación da obra de Xesús Taboada. Ademais, aseguraron, trátase dunha obra realizada "con todo o agarimo e rigorosidade que o noso arqueólogo, etnógrafo e mestre merece". Recordan que estivo baixo o maxisterio dos "grandes" da Xeración Nós, e contribuiu coas súas obras ao Seminario de Estudios Galegos e á cultura galega. 

Te puede interesar