HOMENAJE

Un mural para lembrar a Santiago Ramón y Cajal

20160830222509220_result
photo_camera O mural de Ramón y Cajal, en pleno proceso de eleboración.

Da vinculación dos estudos de Ramón y Cajal co balneario, xurdiu a certificación das augas da buvete de Cabreiroá, que aínda se conserva na súa fonte principal.

O Concello de Verín vén de instalar un novo mural na rúa Canela Cega para contribuír a eliminar o feísmo das rúas do municipio ensalzando figuras ou acontecementos históricos ligados á vila do Val do Támega. Nesta ocasión o protagonista da pintura é o científico Santiago Ramón y Cajal.

Tres anos despois de recibir o Nobel de Medicina por descifrar os segredos das redes neuronais do cerebro, Santiago Ramón y Cajal recolleu nunha carta manuscrita que foi remitida por el mesmo ao director do establecemento termal de Cabreiroá –e que acaba de saír á luz– que o máis importante elemento para a conservación da súa saúde era, nin máis nin menos, que a auga deste manancial verinense, do que fixo uso durante máis dun ano. 

Ramón y Cajal foi o patólogo de maior relevancia mundial a finais do século XIX e principios do XX, grazas aos seus estudos sobre a natureza da célula e das neuronas. Da súa vinculación co balneario, xurdiu a certificación das augas da buvete de Cabreiroá, que aínda se conserva na súa fonte principal.

Te puede interesar