FOTONOTICIA

Un novo contedor amarelo e xigante en Verín

reciclaje verin
photo_camera O contedor na praza do Concello.

Xa se atopa na praza do Concello de Verín un novo contedor amarelo xigante que ten como finalidade difundir a campaña “Únete ao reto”, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Ecoembes, en colaboración co ente municipal.

A campaña ten como obxectivo conseguir e incentivar aos concellos participantes para que melloren polo menos nun 10% a cantidade de achegas que fixeron ao contedor amarelo durante o pasado ano.

Te puede interesar