Un obradoiro recupera os espazos verdes do río Támega

A Consellería de Traballo e Benestar concedeu, por segundo ano consecutivo, ao Concello de Verín unha escola-obradoiro para a formación de 22 persoas desempregadas do municipio, e inscritas na Oficina de Emprego como desempregados, con idades comprendidas entre os 16 e 25 anos. A escola 'San Antón', dun ano de duración, permitirá que os alumnos se formen e adquiran experiencia nas áreas de carpintería e xardinería ao tempo que rehabilitarán os espazos verdes e naturais das áreas recreativas de Fonte do Sapo, Paseo do Río Támega, A Rasela e Ábedes.
Por segundo ano consecutivo, subliñaba o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, 'a Consellería de Traballo aproba un obradoiro, unha cuestión que non sucedía coa anterior Xunta do bipartito, que inxustamente non nos concedeu nin un só obradoiro formativo para Verín, de todos aos que optamos'.

Te puede interesar