MONTERRREI

Oímbra solicita fondos para renovar o entorno de San Cibrao

20190725195257550_result
photo_camera Ánxeles Vázquez e Ana Villarino.
A rexedora quere mellorar a situación actual da rúa do campo e da contorna do parque de San Cibrao

A responsable autonómica de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, comprometeuse a estudar as posibles vías de colaboración existentes para contribuír a facer realidade o proxecto de humanización do entorno público de San Cibrao, en Oímbra. Así llo comunicou á alcaldesa deste municipio, Ana María Villarino, que se trasladou ata Santiago para manter un encontro coa conselleira e falar de proxectos e futuro. 

A rexedora de Oímbra pretende acometer unha importante intervención co obxectivo de mellorar a situación actual da rúa do Campo e da contorna do parque de San Cibrao e así proporcionarlle aos veciños un espazo de ocio e de intercambio. 

Pola súa banda, Ánxeles Vázquez recordou que a súa Consellería colabora dende hai anos cos concellos a través de diversas liñas de axuda coa finalidade de "facilitar o desenvolvemento de intervencións urbanísticas orientadas a frear o despoboamento rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais".

En definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida nas vilas e cidades galegas, programas nos que este proxecto "podería encaixar", segundo a conselleira.

Vázquez comprometeuse a dar traslado da petición de colaboración á Dirección Xeralde Ordenación do Territorio e Urbanismo para que analicen o proxecto e determinen a posibilidade de establecer unha liña de colaboración.

Te puede interesar