“Onde o mundo se chama Servoi” preséntase en Verín

Cartel do evento organizado polo Concello de Verín.
photo_camera Cartel do evento organizado polo Concello de Verín.
Hoxe ás 19,30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín será o escenario da presentación da obra “Onde o mundo se chama Servoi” escrita por Francisco Xavier Pérez Álvarez, filólogo e escritor nacido en Servoi no ano 1969.

Fai tres anos,  Pérez Álvarez iniciou a súa andaina na produción literaria coa obra de “Lembranzas dun vagalume de outono”.

Agora, presenta a súa nova obra “Onde o mundo se chama Servoi”, onde a súa narrativa, ás veces intimista, está salpicada de personaxes reais e magnánimos, que gradualmente van teixendo unha trama novelística. Pérez Álvarez rende homenaxe aos poboadores dun tempo e lugar que, irremediablemente, esmorece no pasado.

A diferencia doutros lugares poéticos imaxinarios, o narrador ubica esta obra nunha paraxe real e concreta: Servoi, unha aldea que máis ca un conto, semella un reconto de anécdotas.

A presentación contará coa presenza do autor e os asistentes terán a oportunidade de profundizar na obra e intercambiar ideas co escritor durante o evento.

Te puede interesar