Francisco Xavier Pérez doa os beneficios do seu libro a Cáritas

Os beneficios da venda do libro Lembranzas dun vagalume, do escritor Francisco Xavier Pérez Álvarez, natural de Servoi, en Castelo do Val, terán unha finalidade solidaria. Neste senso, doaranse a Cáritas co obxectivo de "contribuír humildemente", tal e como sinala o autor, a paliar os efectos negativos que está a ocasionar a pandemia ocasionada pola Covid-19. 
Os exemplares desta obra, que será presentada proximamente nas instalacións da Biblioteca Municipal de Verín, están xa á venda na Imprenta Monterrei. "O libriño, como ben reflicte o título, é un conxunto de memorias que, a través da voz luminosa dun narrador imaxinario, un vagalume, vai vertendo luz nas páxinas do pasado á vida e a obra de dous personaxes baixo os que se agochan as figuras de dous seres queridos", relata o propio escritor de Castrelo.

Te puede interesar