A Pousa celebra unha cita de música, humor e teatro

photo_camera Sesión de teatro en A Pousa.

A iniciativa “Serán na Pousa” foi capaz de xuntar a todos os veciños na Lagoa, o río de A Pousa do concello de Monterrei. Mozos e maiores desfrutaron dunha xornada de lecer na que os risos e o bo ambiente foron os protagonistas. 

As sesións de Kotodama Teatro foron as encargadas de inaugurar esta cita festiva, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Monterrei. Santi Cañaveral, director do grupo, e os seus alumnos interpretaron diferentes papeis para facer que os asistentes desfrutasen da mañá de verán, marcada polas altas temperaturas.

A xornada continuou, baixo o lema “non me toques naquela cousa”, con actividades na natureza para os máis cativos e con música da man de grupos tradicionais de toda a comarca. Á hora da cena, os veciños da Pousa encheron o estómago con churrasco, dando paso a gran foliada popular que concluíu a cita festiva.

Te puede interesar