Agenda cultural e de ocio

Teatro, música e churrascada protagonizan o "Serán na Pousa"

serán na pousa
photo_camera Lucía Aparicio e Sabela Souto, dúas das organizadoras do evento.
A cita festiva celebrarase na Lagoa, o río da Pousa, e comezará ás 12,30 horas da man de Kotodama Teatro

A Lagoa, o río da aldea de A Pousa (Monterrei), será o escenario principal este sábado de “Serán na Pousa”, un novo evento que trata de crear actividade no rural e por en valor o territorio. 

Organizado pola Asociación de Mulleres Rurais de Monterrei esta primeira edición do “Serán na Pousa”, baixo o lema “non me toques naquela cousa”  comezará ás 12,30 horas cunha sesión vermú da man de Kotodama Teatro, na que os integrantes desta escola de teatro de Verín farán que os presentes desfruten da maxia do lugar e de escenas cargadas de risos. 

Pola tarde, a partir das 17,00 horas, os protagonistas serán os cativos, que desfrutarán de actividades na natureza. E xa ás 20,30 horas haberá música da man de varios grupos tradicionais da comarca, entre os que se atopan Candaira, Nova Era e Trouleiros de Medeiros. Trala música será hora de gañar forzas cunha cea popular na que o prato estrela será o churrasco. Dende a organización informan de que é preciso mercar os tíckets por oito euros no Bazar Souto (Verín) ou a través do teléfono 618 737 166. 

Esta festa na Pousa rematará cunha gran foliada compartida por todos aqueles grupos tradicionais que desexen participar e desfrutar dun sábado diferente ao carón do río. Unha iniciativa que nace do afán das mulleres rurais por dar a coñecer o seus recunchos e por vivir unha xornada de convivencia entre música e bo ambiente.

Te puede interesar