POLÍTICA

O PP critica a contratación en Verín dunha militante do PSOE

jmenmez3_result
photo_camera Juan Manuel Jiménez Morán, portavoz del Grupo Popular en el Concello de Verín.

Asegura que a número 13 na candidatura socialista pasou de ser persoal temporal a indefinido

O portavoz do PP de Verín, Juan Manuel Jiménez, asegurou onte que a concelleira de Persoal, Rosario Rodríguez, convertíu en indefinida a unha empregada de carácter temporal, "sen cumprir os procedementos esixidos pola lei". Segundo o portavoz 'popular' a beneficiaria desde medida ía como número 13 nas listas socialistas das últimas municipais.


O grupo popular, ao revisar os Decretos de Alcaldía, afirma que detectou nun deles –referente ao proceso de subrogación do persoal de limpeza viaria do Concello– que a secretaria municipal manifestou que "a documentación que o fundamenta non foi entregada en tempo e forma, e non puido ser examinada e comprobada". 


Iso fixoos sospeitar do proceso realizado "e decidimos pedir o expediente de subrogación de persoal de limpeza viaria", indica o portavoz verinense. Sinalan os populares que ese posto, "tiña que contratarse en concorrencia, en base aos principios de mérito e capacidade"."Esta persoa foi contratada para realizar unha substitución", lembra Jiménez, "e o proceso de subrogación ten que ser para o persoal fixo pertencente a empresa Verimlimp, e non para o temporal como foi este caso".


O portavoz do PP resalta a gravidade da situación, habida conta de que a contratada, Ana Isabel Díaz, foi a número 13 das listas socialistas nas pasadas municipais. Afirma que a concelleira de persoal comete "un presunto delito de prevaricación e tráfico de influencias facendo gala dunha actitude de nepotismo sen precedentes”.  
Pola súa banda, a concelleira de persoal, Rosario Rodríguez, pola súa banda, nega todo aquilo do que lle acusan. "En todas las contrataciones llevadas a cabo por el grupo de gobierno se ha respetado el principio de legalidad", afirma Rodríguez, que aproveita para lembrarlle a Jimenez Morán que "en la primera remunicipalición, cuando subrogamos  dos trabajadores, dos de ellos iban en las listas del PP y no dijeron nada". "Que hable sobre como gestiono sus externalizaciones", conclúe a edila verinense.
 

Te puede interesar