O PP critica o estado dunha rúa de Vilardevós

vilardevos critica pp
photo_camera Así se atopaban as obras onte.
O Concello xa está traballando no lugar

O Partido Popular de Vilardevós lamenta o estado no que se atopa a rúa Jacinto Santiago, unha das rúas principais do núcleo de Vilardevós. “Levamos coas baldosas rotas e levantadas dente o 28 de xuño, este mércores comezaron e aínda non remataron e os veciños trasladáronnos que están molestos, é moito tempo para o que é”, explica Adriana Álvarez, portavoz dos populares. 

A líder da oposición pide ao Concello que remate esta actuación, pois é un perigo para os veciños que pasan por esta rúa, ademais de ser unha das máis transitadas da capitalidade municipal. “Hai veciños maiores e nenos que pasan daquela maneira”, anota, recalcando que foron algúns veciños “os que retiraron as baldosas rotas no seu día pola súa conta para que o paso fora máis doado”.

Pola súa banda, o Concello de Vilardevós xa puxo todos os medios para resolver o problema. Comezaron as obras de arranxo da rúa e esperan rematala en un curto prazo. “En canto nos informaron da situación puxémonos a traballar, o que pasa é que a Administración ten os seus procedementos e como nós -polo novo Goberno local- viñemos a Vilardevós a cambiar a forma de traballar e a facer todo con transparencia, tivemos que facer o orzamento da obra, conseguir material, e demais trámites que levan tempo”, sinala a alcaldesa Eva Gamote, quen asegura que no momento que tiñan todos os trámites feitos, comezaron coas obras no lugar. 

Te puede interesar