Monterrei

O PP di que a ordenación da zona de Santa María xa está prevista desde 2003

Pídelle ó alcalde que contrate un equipo para realizar o novo Plan especial de protección do núcleo histórico e san lázaro

O grupo municipal do PP de Verín recordou ónte ó grupo de goberno municipal que o Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do nucleo antigo de Verín e barrio de San Lázaro, aprobado no ano 2003, xa contemplaba unha área de protección no entorno da iglesa de Santa María a Maior. Esta zona, segundo o grupo que preside o exalcalde Juan Manuel Jiménez Morán, "se ía a converter nunha praza e espazo público que circundaría toda a igrexa e uniría a rúa Maior coa praza da Alameda". Esta disposición foi consensuada naquela data co bispo de Ourense, naquel entón Carlos Osoro.


Engade o PP verinense que o actual alcalde de Verín, Gerardo Seoane, descoñece esta cuestión, pois "anunciou hai uns días a sinatura dun convenio de colaboración coa diócese de Ourense para realizar un concurso de ideas destinado a reordenar o contorno da igrexa parroquial, cando no PEPRI do ano 2003 xa estaba prevista devandita medida". Engaden os populares que "en vez de tanta demagoxia por parte do alcalde, o que debería estar facendo neste momento é redactar o prego de contratación dun equipo para que se encargue de realizar o novo PEPRI do núcleo histórico e do barrio de San Lázaro".


O PP tamén se "congratula" pola idea do nomeamento como fillos predilectos de Verín dos irmáns Sulleiro Martínez e recorda que en 2013 a Corporación aprobou darlle o seu nome a unha rúa, votando en contra os tres concelleiros do BNG, entre os que figuraba o actual tenente de alcalde, e unha concelleira do PSdeG.

Te puede interesar