OCIO EN NADAL

O prazo para anotarse a Ludonadal de Verín abre o 3 de decembro

Haberá obradoiros, talleres de maquillaxe, xogos de relevos, xincanas, inchables e ata un "Got Talent"

O Concello de Verín, a través da Oficina Municipal Xuvenil, abrirá o prazo mañá luns, día 3 de decembro, para que as familias poidan anotarse no servizo de conciliación Ludonadal dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos. O obxectivo é que os cativos dispoñan dun espazo de lecer durante as vacacións de Nadal, mentres os seus país acoden ao traballo nestas vindeiras semanas. 

Ludonadal terá lugar entre o Colexio Infantil Módulos e o Pavillón Municipal de Deportes dende o día 22 deste mes, ata o 7 de xaneiro. Será en horario de luns a venres, dende as 09,00 horas ata as 14,00 horas, e dende as 16,00 horas ata as 20,00 horas. Os sábados o servizo prestarase de mañá, entre as 09,00 horas e as 14,00 horas. O prezo deste programa oscilará entre os 5 euros e os 50 -atendendo ao número de horas e días que se empregue-. 

Dentro de Ludonadal terán lugar actividades variadas como globoflexia, maquillaxe infantil, festa do doce de Nadal, manicura natalicia, Día dos Santiños Inocentes, xincana, "got talent", chegada do apalpador, obradoiros para decoración, xogos populares, manualidades, xogos de relevos e carta aos Reis Magos. Ademais, como novidade, haberá inchables de mañá e de tarde no Pavillón de Deportes. 

Os menores que queiran participar na cabalgata de reis como anxos, estrelas ou pastorciños deberán apuntarse tamén na Ludoteca.

Te puede interesar