REunión

Primeira reunión en Verín do Consello de Pedanías

pEDANEOS VERIN_result
photo_camera Estiveron presentes o alcalde de Verín Gerardo Seoane e o tenente alcalde Diego Lourenzo.

Os asistentes foron informados do plan para limpar a maleza nas parroquias

O Concello de Verín acolleu a celebración do primeiro Consello de Pedanías da vila. O organismo foi creado logo das eleccións ás pedanías que tiveron lugar a finais do pasado mes de maio e no que mudaron sete -Queirugás, Feces de Cima, Feces de Abaixo, Vilamaior, Vilela, Cabreiroá e Caldeliñas- dos 17 representantes das parroquias da capital comarcal . O obxectivo da existencia deste Consello é, segundo fontes municipais," facilitar un lugar de encontro no que estes representantes poidan transladar os problemas e necesidades das súas parroquias".  

Na xuntanza, á que asistiron nove pedáneos, estiveron presentes o rexidor de Verín, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde da vila, Diego Lourenzo. O tema principal que se tratou foi o bando emitido recentemente polo Concello referente á limpeza obrigatoria de maleza nos núcleos rurais. Neste senso, fíxose entrega aos representantes das parroquias dunha serie de ortofotomapas con referencias catastrais, co obxectivo de que os veciños poidan acudir ao seu alcalde pedáneo a informarse sobre se está afectado ou non polas obrigas que establece dito bando. 

Na reunión tamén se informou dun listado de empresas de limpeza proporcionadas polo Concello e que se asignarán ás distintas zonas segundo o censo. Os pedáneos terán a obriga de efectuar a contratación destas empresas e que se adicarán a tarefas de desbroce. 

Diego Lourenzo sinalou que os pedáneos "son unha peza fundamental de comunicación e de participación cidadá" que vencellan "os distintos núcleos rurais coa administración". 

Te puede interesar