Programa do Nadal de Verín: actividades, atraccións e horarios

Atraccións de nadal en Verín.
photo_camera Atraccións de nadal en Verín.
Verín presenta un programa con actividades variadas para públicos diversos

A axenda de actividades de Nadal no Concello de Verín inclúe feiras e obradoiros temáticos, concertos, actividades infantís, eventos deportivos, accións de dinamización do comercio local ou teatro. Máis dunha vintena de actividades multicartel para todos os gustos e idades.

Hoxe, venres, día 22, haberá animación musical a cargo da Banda do Conservatorio de Verín na praza da vila ás 17,00 horas. Ás 17,30 horas, o Auditorio Municipal acollerá un concerto familiar de “Uxía Lambona e a Banda Molona”, que recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular.

O mércores, día 27,  o Auditorio acollerá o musical infantil “La Sirenita”, unha emocionante adaptación teatral do clásico conto de fadas de Hans Christian Andersen.

Na xornada do día seguinte, o día 28, o Auditorio acollerá o concerto infantil “Magic Sounds”, a cargo da Banda de Música do Conservatorio de Verín, e organizado polo CMUS. Un espectáculo para toda a familia durante o que se realizará un emocionante percorrido a través das bandas sonoras máis emblemáticas de Disney e outros recoñecidos temas infantís.

O venres, día 29, ás 19,00 horas, o Auditorio acollerá a representación de “Tiza”, a cargo de La caja de Pandora. A obra conta como un matrimonio feliz elixe colexio para o seu retoño, convencidos de que é un xenio e fará grandes cousas na vida. Tres años de preescolar, seis de primaria pasarán factura .“Tiza”, fala de pais, profes, deberes, extraescolares, horarios, agobios e por riba o neno que non pronuncia o R chámase Roberto Revuelta Romo... Como broche final ao ano, a residencia de anciáns acollerá unha sesión de panxoliñas a cargo da Coral de Verín ás 10,00 horas.

Novo ano

O novo ano 2024 comeza dando continuidade á axenda festiva de Nadal programada polo concello de Verín. A primeira desas actividades programadas terá lugar o mércores, día 3 de xaneiro, momento para o cal o Centro Comercial Urbano de Verín e Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín, organizou unha Gala de Nadal con humor, maxia e música no pavillón dos deportes para desfrutar en familia. Será a partires das 17,30 horas. 

O venres 5 é un dos máis agardados, xa que os Reis Magos visitan Verín (18,00 horas) para percorrer as súas rúas repartindo toda a ilusión que só eles saben facer chegar tan só coa súa presencia.

Te puede interesar