O Proxecto Arraiano achegou internet a 34.000 habitantes

A sede da Eurocidade Chaves-Verín (antiga aduana de Feces de Abaixo) acollerá hoxe unha xornada informativa sobre o Proxecto Arraiano, que, entroutras actuacións para a mellora da calidade de vida dos veciños da comarca de Monterrei, completou máis dun 78% o alcance previsto do despregamento da rede de internet, con case 34.000 habitantes cubertos nesta comarca e na Limia.
Por outra banda, este proxecto tamén melloró centros de transformación de biomasa e o sistema de depuración de augas, así como a accesibilidade e mobilidade mediante a remodelación do mobiliario urbano.

Esta xornada inclúe a entrega da documentación (17,00 a 17,30 horas); benvida institucional e visionados dos audiovisuais resultado das actuacións (17,30 a 18,00 horas); relatorio 'O Proxecto Arraiano no marco das axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural Feder-Eixe 5' (18,00 horas) a cargo de Laura Silva, de la Agencia para el Desarrollo Urbano y Regional; relatorio 'O fomento da sociedade da información e das novas tecnoloxías nas comarcas da Limia e Monterrei' (18,30 horas) a cargo de Juan Antonio Touriño, de Iberbanda, e relatorios 'O aproveitamento da biomasa, valorización dos residuos da construción e depuración de augas no marco do Proxecto Arraiano' e 'Melloras da accesibilidade e mobilidade e actuacións de protección e preservación do patrimonio cultural das comarcas da Limia e Monterrei' a cargo de técnicos da Deputación de Ourense (19,00 horas).

Te puede interesar