Monterrei

O PSOE explica en Verín as obrigas tributarias dos emigrantes

Monterrei

migración

O PSOE explica en Verín as obrigas tributarias dos emigrantes

Varios cargos socialistas acudiron a este encontro celebrado en Verín.
photo_camera Varios cargos socialistas acudiron a este encontro celebrado en Verín.
Cargos socialistas reúnen a 70 persoas en Verín afectados por la fiscalidade dos retornados

O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou en Verín un encontro con emigrantes retornados de Alemania. Unha nota deste partido cuantifica en máis de 70 os asistentes, entre os que se atopaban os candidatos ó Congreso, Adolfo Pérez Abellás e Marina Ortega. No encontro o secretario provincial de emigración, Luís Gulín, e o candidato ó Senado, Juan Carlos Francisco explicaron "durante máis dunha hora os diferentes cambios de fiscalidade que afectan a estes colectivos".

Gulín falou sobre a nova fiscalidade para dous pagadores que en palabras do secretario provincial de emigración "elévase dende o 1 de xaneiro deste ano ós 14.000 euros para estar exentos de declarar". O propio Gulín informou tamén de que "os emigrantes residentes en Alemania dende o 1 de xullo están obrigados a informar a axencia tributaria alemá no caso de ter contas bancarias en España e dos movementos dos seus depósitos".

O responsable de emigración do PSdeG-PSOE de Ourense detallou "de forma exhaustiva o tema do 5 por cento que hai que declarar a Axencia Tributaria Alemana sobre a pensión que se percibe dese país, ademais de explicar os procedementos e experiencias a hora de tramitar as axudas a dependenza alemá e a posibilidade de que o seguro alemán asuma para o coidador as cotizacións ante a seguridade social española e incluso para a prestación do desemprego".

Juan Carlos Francisco analizou a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que condena á Axencia Tributaria a recoñecer a un retornado de Alemania como gastos deducibles os gastos de sanidade e de dependencia que se deducen da súa pensión alemana. "Tal e como constatei en conversacións e información recadadas con colectivos de retornados en outras Comunidades Autónomas como Asturias, Andalucía, Madrid ou Castela a Mancha, meses territorios os retornados de Alemania non teñen o máis mínimo 
problema coa súa declaración da renta á hora de reclamar eses gastos deducibles", explicou.

O senador afirmou tamén que dita situación é "una manifesta discrepancia de criterios territoriais e de discriminación cara o colectivo galego". Juan Carlos Francisco tamén se comprometeu a "realizar varias accións ante a Secretaría de Estado de Facenda e solicitar una reunión co delegado de Facenda en Galicia para abordar esta problemática".