ENTREVISTA

Gerardo Seoane: "Queremos que Verín sexa unha desas grandes cidades onde prosperar"

Gerardo Seoane
photo_camera Gerardo Seoane, alcalde en funcións de Verín. (MIGUEL ÁNGEL)

O alcalde en funcións de Verín ten claros os seus obxectivos para a vila: convertela nun foco de atracción para os habitantes do rural 

Gerardo Seoane recupera folgos despois dunha dura campaña electoral e catro intensos anos de mandato. Senta nunha das cafeterías da praza do Concello para responder a esta entrevista. Non é doado facerlla sen que os veciños interrumpan: queren felicitar ao candidato máis votado dos últimos comicios municipais en Verín. Seoane ten claros os seus obxectivos para a vila: convertela nun foco de atracción para os habitantes do rural do mesmo xeito que pode selo unha grande cidade. Tamén pretende formar aos seus veciños para as profesións do futuro e ofrecer unha política positiva e constructiva. 

Agardaba este respaldo maioritario?

Si. Estes últimos anos tivemos unha actividade insólita e fixemos unha reforma moi grande. Empezamos moi abaixo, pero xa se palpaba que iamos ter un gran respaldo.

Que cre vostede que foi o que premiou a cidadanía de Verín?

A dedicación, o trato e que fixemos moitísimas cousas, pequeniñas, pero moi necesarias. Abordamos unha importante humanización que, aínda non está completa, pero que todo o mundo estaba agardando. Esto estaba cheo de contenedores, as zonas verdes descoidadas, non había onde aparcar... en fin, estaba todo moi abandonado.

A campaña foi bastante cruda aquí en Verín.  

Si, pero por parte dun personaxe que non tiña nada que facer e intentou plantexar unha campaña agresiva, pero nós non fixemos nin caso. 

Temeu vostede porque esa dura campaña rematara pasándolle factura? 

Non. Levo nesto moitísimo tempo e, cada vez que alguén inicia esa vía, a xente o rexeita. Os veciños non queren líos. Están ás súas cousas, non a meterse en berenxenais. 

Recibiu a felicitación de Juan Manuel Jiménez Morán? 

Non. Felicitou ó PSOE, pero a mín non me felicita. Non temos relación.

Xa se reuniu con Diego Lourenzo para perfilar o vindeiro mandato? 

Tivemos algunha conversa como as que adoitamos ter sempre. De momento temos cousas importantes que facer no concello antes, pero haberá cambios nas áreas de economía, urbanismo e de asistencia social. 

Cales serán as primeiras liñas de traballo? 

Completar o que temos. Aprobar o plan de Caldeliñas para que se inicien as obras do xeriátrico, tamén a Ordenación Provisional, e presentaremos unha iniciativa parlamentaria pola cuestión mineromediciñal. Queremos embotellar máis auga. Seguiremos co Polígono Industrial, Fontenova e a avenida de Castilla.

Cal é o estado financieiro actual do Concello? 

Temos unha deuda a largo de 2,2 millóns de euros. A situación en principio é boa, o que pasa é que se xenerou un problema burocrático e de interpretación de determinadas normas e tivemos que pedir un informe ao Consello de Contas. Cambiouse o sistema xusto no ano electoral -algo que nunca se fixo- para xerar unha deuda que non existe.

Cambiará algo no seu novo mandato, logo da experiencia adquirida no último?

Mellorarase a parte económica do Concello e a asistencia social. Tamén me gustaría que cando se mande facer unha cousa no Concello se axilicen os trámites burocráticos e que desaparecese a xudialización da vida pública. Por certo que estes últimos catro anos puxen a outra meixela pero agora non o vou a facer. 

Que agarda acadar nestes catro anos de mandato?

Quero cambiar a inercia. As vilas e pobos vanse envellecendo porque a xente se vai ás grandes cidades. O noso obxectivo é ser unha desas grandes cidades onde prosperar, e atraer poboación do entorno. Temos que reunir os servizos e as condicións necesarias para que a xente se poida gañar a vida e formarse. O centro de formación que queremos vai nesa liña: en Verín hay 13.800 veciños e soamente 500 teñen estudos superiores ao Bacharelato.

Te puede interesar