¿Queres aprender ximnasia rítmica en Verín? Requisitos e como inscribirse

A data para inscribirse é do día 4 ao 15 de outubro

A Concellaría de Deportes do Concello de Verín abre, do 4 ao 15 de outubro, prazo de inscrición para o curso de Ximnasia Rítmica 2021/2022. A lista de admitidos confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes.

Dende o grupo de goberno recordan que para que se desenvolvan as actividades será necesario que a porcentaxe de rexistrados consiga o mínimo pertinente considerado pola organización.

Todas as persoas interesadas en inscribirse deberán enviar asinada a documentación que se atopa dispoñible na web oficial do Concello ao correo electrónico das escolas deportivas ([email protected]). No caso de non enviar algún dos documentos solicitados, remarcan dende a Administración municipal, o menor non poderá iniciar a actividade deportiva.

211002-CURSO-XIMNASIA-RITMICA

As actividades deste club estarán destinadas a menores de entre 4 e 16 anos, divididos en dous grupos: os menores de 4 a 6 poderán gozar de actividades físicas de base, mentres que aqueles que teñan entre 7 e 16 anos participarán na modalidade de ximnasia rítmica. 

Esta proposta do Concello é unha actividade física completa que busca ofrecer unha alternativa para que os máis pequenos se manteñan activos e melloren, así, a súa calidade de vida. Entre os seus beneficios atópase a mellora da flexibilidade e a estimulación da coordinación e da concentración.

Te puede interesar