A sanción ao doutor Castrillo chega ao Parlamento galego

VERÍN (HOSPITAL DE VERÍN). 03/12/2019. OURENSE. Asamblea de los trabajadores que protestan por la supresión del paritorio en el Hospital de Verín. FOTO: ÓSCAR PINAL

Javier Castrillo
photo_camera Javier Castrillo. (Foto: Óscar Pinal).

O parlamentario socialista Juan Carlos Francisco levou unha pregunta ao conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña

O grupo socialista preguntou hoxe no Parlamento pola sanción do Sergas contra Javier Castrillo, o xefe de xinecoloxía do Hospital de Verín, figura que encabezou a mobilización contra o peche do paridoiro. 

Juan Carlos Francisco, o parlamentario autonómico do PSdeG, levou unha pregunta oral para que Julio Comesaña, conselleiro de Sanidade, xustificando a urxencia da pregunta pola “estupefacción e alarma social xerada na cidadanía da comarca de Verín pola resolución ditada polo Sergas”, de 2 días sen empleo e soldo.

Ante a pregunta “Considera a Consellería de Sanidade que o feito de defender a permanencia dun paridoiro é merecente da imposición ao doutor Castrillo dunha sanción?”, Comesaña sinalou que “os procesos administrativos deben ser totalmente garantistas e os cargos políticos non debemos interpoñernos”, referíndose a mostra dos socialistas de “pouca consideración cunha facultativo que presentou unha denuncia e co traballo que realiza o servizo de inspección do Sergas”.

Te puede interesar