SERVIZOS

O servizo de conciliación “Érguete" arranca o luns

O servizo funcionará ata o mes de xuño

O Concello de Verín porá en marcha o vindeiro luns unha nova edición do servizo de conciliación "Érguete", que se desenrolará ata o vindeiro mes de xuño e ten por finalidade que os máis cativos da vila estean atendidos por coidadores profesionais neses periodos temporais que transcorren dende que os seus proxenitores comezan a súa xornada laboral e o inicio do horario lectivo dos menores. 

Este servizo préstase de momento exclusivamente no CEIP Princesa de España, un centro público que acolle a un 45% de menores de etnia xitana, familias numerosas que se adican a venda ambulante polas distintas localidades da provincia. É tamén  un centro onde existen bastantes casos de Servizos Sociais e de Educación Familiar e o único que oferta comedor escolar, xa que ao ter horario partido facilita que moitas nais/pais poidan traballar. Este servizo xurdiu como resposta a una demanda de moitas familias de orixe inmigrante que teñen poucos apoios familiares para conciliar.

Te puede interesar