Vivenda

Aberto o plazo para as vivendas municipais de Cualedro: prazos e requisitos

El Concello de Cualedro permanece cerrado. (Foto: C.C.).
photo_camera Casa consistorial de Cualedro. (Foto: C.C.).
A solicitude poderá realizarse durante toda a semana

O Concello de Cualedro ten aberto o prazo para a presentación de solicitudes de acceso ás vivendas municipais, nas antigas vivendas dos mestres.

As persoas interesadas en solicitar vivenda terán toda esta semana para presentar no Concello a documentación oportuna. Respecto a isto, dende a casa consistorial lembran que "debido a actual situación sanitaria, lembraselles a todas as persoas deste concello que poden facer a maioría dos seus trámites a través de medios telemáticos".

As vivendas municipais creáronse coa finalidade de atraer novos alumnos para o CEIP Vicente Risco de Cualedro, polo que "este Concello prestará apoio económico a aquelas familias con fillos en idade escolar matriculados no centro educativo", explican.

No caso de quedar vivendas sen adxudicar, dende o grupo de goberno informan de que adxudicarán o seu uso a persoas con necesidades económicas que por diversas causas quedaron sen vivenda ou requiren dun aloxamento alternativo inmediato, como pode ser o caso dunha declaración municipal de ruína inminente da edificación que servía de residencia, relacións familiares insostibles ou sinistro da súa vivenda, entre outras.

Ademais, para poder acceder é preciso, entre outros factores, estar inscrito no padrón de Cualedro e ao corrente dos pagos municipais e que o número de membros da unidade familiar sexa adecuado ás características da vivenda.

Te puede interesar