NADAL

Todo preparado para a segunda edición da feira de Nadal

Haberá cursos de cociña e abrirán todos os postos de doces de Nadal, artesanía, cestas navideñas, decoración e produtos típicos. 

Mañá sábado e odomingo, 17 e 18 de decembro, a Praza Maior de Verín acolle a II Feira de Nadal, organizada polo Concello, que contará coa participación activa das nenas e nenos da vila, con postos onde porán a disposición dos veciños os seus propios productos artesanais. A feira contará con animación, concursos e música. 

O evento ecomezará o sábado ás 11,00 horas, permanecendo aberto o recinto ata as 14,30 horas. Haberá cursos de cociña e abrirán todos os postos de doces de Nadal, artesanía, cestas navideñas, decoración e produtos típicos. 

Pola tarde, o recinto abrirá a partir das 16,30, e estará activo ata ás 20,30. A estrela da tarde do sábado será o Apalpador, que acodirá ás 17,00 horas para facer as delicias dos máis pequenos. Ás 19,00 terá lugar un recital de panxoliñas interpretado polas corais da vila.

O domingo, tamén de mañá e de tarde, continuarán as actividades infantís e os obradoiros. Pola tarde, tamén ás 17,00 horas, se desprazará ata a vila de Verín Papá Noel. O serán estará amenizado con bandas de gaitas.

Te puede interesar