Os transportistas de Verín cancelan a manifestación do 20 de febreiro

galicia camioneros atraparve verin
photo_camera Así se encontraban los camioneros las pasadas semanas en Galicia.
Tras conseguir que se reabriran as áreas de servizo, os camioneiros de Verín dan por satisfeitas as súas peticións

Tras o alivio das restricións marcadas pola Xunta de Galicia este luns, a Asociación de Transportistas do Parking de Verín (Atraparve) que tiña convocada unha manifestación, motivada pola falta de servizos dos que dispuñan os transportistas en Galicia -áreas de servizo pechadas, entre outras-, veñen de anunciar a suspensión de dita marcha.

Tras a publicación no DOG este martes da apertura da restauración en áreas de servizo, restaurantes en estradas principais con parking para camións e centro loxístico para atender ao sector, José Javier Limia, presidente de Atraparve, satisfeito ante a noticia, asegura que "a manifestación prevista para este sábado 20 de febreiro polas rúas de Verín queda suspendida".

Desde a Asociación síntense orgullosos, xa que "con esta iniciativa, a visibilidade e a forza que fixemos xuntos, fomos escoitados".

Limia recordaba que aos transportistas "tocounos vivir esto na nosa propia pel, a situación en Galicia era penosa comparada co resto de España" ao que engade que "parece que os altos cargos se concienciaron do problema que sufriamos". 

Así, Atraparve agradece a decisión e a colaboración dos que fixeron posible que a súa petición fose escoitada". 

Te puede interesar