TERMALISMO

A Universidade colaborará con Verín no eido termal

Diego Lourenzo manifestoulle ao vicerreitor a necesidade de facer presente a riqueza termal de Verín e de todo o Val de Monerrei nas actividades do  Campus de Auga. 

O vicerreitor do Campus de Ourense,Virxilio Rodríguez, e o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, analizaron onte varias estratexias de colaboración conxunta, entre as que destaca o eido do I+D en materia termal, xunto a outras áreas como a invertigacion arqueolóxica e histórica.

Diego Lourenzo manifestoulle ao vicerreitor a necesidade de facer presente a riqueza termal de Verín e de todo o Val de Monerrei nas actividades do  Campus de Auga. 

Lourenzo propuxo a posibilidade de colaborar na identificación das propiedades de cada surxencia mineromedicina, o seu alcance e determinación de posibilidades comerciais. Lourenzo tamén plantexou a posibilidade de colaborar en materia de investigación arqueolóxica e histórica e o Concello estaría especialmente interesado en abordar unha prospección que determine con rigor a orixe e a evolución do poboa mentoda vila.

O tenente de alcalde tamén propuxo a Virxilio Rodríguez a posibilidade de establecer unha sede  permanente da Universidade en Verín.

Te puede interesar