Breve

Verín acolle unha charla sobre a muller emigrante: cando e onde

Casa da cultura de Verín renovada (3)
photo_camera Lugar no que se impartirá a charla. (Foto: C.C.).
A cita será o xoves, ás 19,30 horas, na Casa da Cultura de Verín

Dentro das actividades que organiza Cruz Vermella de Ourense no marco do 8M, baixo o lema “Somos unha, somos todas”, a entidade social acollerá en Verín unha charla-coloquio sobre a “Muller emigrante: dobre vida cara ao esquecemento”.

Será na Casa da Cultura este xoves ás 19,30 horas, con entrada libre ata completar aforo. Esta cita estará impartida pola xornalista Sonia Torre, quen tamén é investigadora e experta en emigración e muller.

Torre, dende a súa mirada, achegará o papel da muller emigrante aos asistentes que queiran coñecer como é a vida e cales son os problemas aos que se teñen que enfrontar esas mulleres que teñen que deixar o seu país para vivir noutro. 

Te puede interesar