Verín acolle un espectáculo sobre a violencia de xénero

A Casa da Cultura de Verín acollerá o vindeiro luns a representación do espectáculo lúdico-musical 'Estareite a ver (I'll be watching you)', no que se analizan os roles de xénero a través de cancións de amor. A representación está dirixida a alumnos/as de 4º de ESO dos centros educativos María Inmaculada, Apostólico Mercedario, Taboada Chivite e Castro de Baronceli.
Este proxecto pedagóxico ten como obxectivo actuar na prevención da violencia de xénero e promover o pensamento crítico entre o público. O espectáculo lúdico-musical fala dos valores que moitas veces se agochan detrás das baladas románticas, cuestionando os estereotipos ríxidos de home e muller que non contemplan outras opcións, a cosificación da muller, os celos como proba de amor, a connivencia coa violencia e o sentimento de propiedade sobre a outra persoa.

A espectáculo toma o seu título dunha balada do grupo Police, que fala da obsesión dun amante abandoado que repite 'estareite a vixiar, ti perténcesme'. Á representación de Verín acudirá a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, cuxo departamento promove esta iniciativa no marco dun acordo de colaboración asinado coa Fegamp para conformar a Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, da que forma parte o Concello de Verín.

Te puede interesar