Verín busca cigarróns para o Desfile de Entroidos galegos

VERÍN (PRAZA DA MERCED). 18/02/2023. OURENSE. Bautizo do Cigarrón en Verín. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Imagen de archivo de un cigarrón

¿Queres ser un cigarrón? En Verín queren encontrar mais

O Concello de Verín está na procura de cigarróns para participar no Desfile de Entroidos tradicionais de Galicia que se celebrará, como todos os anos, en Santiago de Compostela o vindeiro 2 de setembro. É un evento organizado por Turismo de Galicia en colaboración con institucións e asociacións, co obxectivo de promover e difundir os valores do Entroido dentro da comunidade autónoma. 

Por iso, dende o Concello de Verín fan un “chamamento público a todas as persoas que desexen formar parte deste emocionante desfile o 2 de setembro a que se animen a participar nesta celebración tradicional inesquecible” e dar a coñecer así as figuras tradicionais do Entroido verinés, tendo como figura principal ao cigarrón.

Onde e cando

Dende Turismo de Galicia facilitarán o traslado á capitalidade galega con un autobús, así como a comida. A saída será dende Verín ás 08,00 horas da mañá do sábado, día 2 de setembro, dende a Praza do Concello. O regreso á vila do Támega será ás 18,00 horas. 

A Administración galega e o Concello de Verín recordan que para participar é necesario inscribirse para organizar o propio desfile e os traslados. Os interesados en sumarse ao Desfile de Entroidos tradicionais de Galicia poderán facelo ata o 21 de agosto ás 19,00 horas na oficina de turismo de Verín.

Te puede interesar