MONTERREI

Verín crea un portal web de semanarios históricos

A capital do Támega chegou a ter 14 cabeceiras entre os anos 1893 e 1936

A Biblioteca Municipal de Verín est´ça a avanzar na posta na marcha dun proxecto documental pioneiro, consistente na creación dun portal web que recollerá os xornais históricos da vila nun periodo que abarca desde o ano 1893 e 1936. O proxecto, denominado "Semanarios de Verín", naceu en decembro de 2016, cando a Biblioteca Municipal recibíu de Santiago Cid Harguindey preto de 2.000 reproduccións e un cento de orixinais dos antigos semanarios que tivo Verín desde finais do século XIX ata o ano 1936.

Os semanarios incluídos neste proxecto, que se atopa na fase de reproducción, son: "El Támega" ("Nuevo Támega"), "El Eco de Monterrey", "Heraldo de Verín", "La Opinión", "El Clamor", "Monterrey", "El Cencerro" y "La Víbora", estes dous últimos de xénero satírico. Os promotores desta iniciativa poñen de manifesto o feito de que nesta idade de ouro do xornalismo local Verín chegou a ter 14 cabeceiras ao longo do tempo.

As cabeceiras coas que está a traballar a Biblioteca nestes momentos son "El Támega", que logo se convertería en "Nuevo Támega", do que se posúen ao redor de 900 exemplares, e o "Heraldo de Verín", cun tramo cronolóxico moito menor que abarca de 1911 a 1917, agás unha aparición fugaz en 1945 de dous exemplares. Todo este traballo estase a desenvolver íntegramente na Biblioteca verinense e será un labor que se estenderá varios anos, pola minuciosidade e rigor coa que se pretende levar  cabo.

Neste periodo de rexistro, catalogación e dixitalización xa se atoparon documentos de gran valor "que axudan a entender mellor o pasado da vila". Así, os responsables do proxecto resaltan a confirmación da visita prevista da infanta Isabel de Borbón e Borbón cara aos balnearios de Verín, ou mesmo as memorias dos directores-médicos dos balnearios de finais do século XIX, "onde recollían todo o seu bo facer cunha descripción magnífica, que nos da idea do que era Verín como destino balneario a comezo do século XX".

Te puede interesar