donación

Verín dona un traxe do cigarrón ao Museo do Entroido de Xinzo

O traxe elexido é contemporáneo e sintetiza os estilos históricos que foron evolucionando na figura do cigarrón.

O Concello de Verín realizou a cesión dun traxe completo de cigarrón ao Museo Galego do Entroido, ubicado en Xinzo de Limia, para a conservación e exhibición patrimonial neste centro da vestimenta orixinal da figura central deste ciclo festivo. 

"O cigarrón é o elemento gravitacional sobre o que xira o noso Entroido, unha figura de respeto que ten sido quen de convertirse nunha icona de Galicia, e polo tanto, da cultura europea e mundial", destacou Somoza. 

Estilísticamente, o traxe elexido é contemporáneo e sintetiza os estilos históricos que foron evolucionando na figura do cigarrón. Foi elaborado no Obradoiro do Cigarrón. Sustitúe así ao préstamo temporal que tiña realizado un particular.

Te puede interesar