ADMINISTRACIÓN

Verín implanta con éxito a administración electrónica

Desde a activación da totalidade de todas as súas funcionalidades o pasado mes de maio, a día de hoxe tramitáronse a través de dita plataforma 38.194 documentos electrónicos

 A empresa esPublico vén de situar no seu portal web ao Concello de Verín como “caso de éxito” no referente á implantación, e rápida adaptación do organismo municipal, á administración electrónica. Desde a activación da totalidade de todas as súas funcionalidades o pasado mes de maio, a día de hoxe tramitáronse a través de dita plataforma 38.194 documentos electrónicos, 2.992 expedientes e 5.715 rexistros. 

A rapidez na posta en funcionamento foi posible grazas á plena colaboración de todo o persoal do Concello de Verín.

Te puede interesar