A Casa da Cultura acollerá unha charla e a proxección dun vídeo sobre as súas actuacións na vila e Vigo, onde faleceu

Verín rinde homenaxe a un dos seus fillos ilustres, García Barbón

A Praza García Barbón de Verín, co busto do benefactor da vila. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
Ao cumprírense 180 anos do nacemento de Xosé García Barbón en Verín, a vila réndelle homenaxe a este ilustre personaxe que exerceu o seu mecenádego e filantropía a prol do progreso desta vila.
A homenaxe en Verín será o próximo día 8 de abril, coincidindo cas festas patronais do Lázaro. A cita terá lugar na Casa da Cultura, a partir das oito da tarde, con unha charla sobre a figura de García Barbón e a súa actividade en Verín e en Vigo. No acto será proxectado un vídeo, gravado fai uns anos para o programa televisivo 'Encontros', pero que descoñecen a práctica totalidade dos verinenses. Aos actos sumouse o Concello de Verín e diferentes colectivos sociais e veciñais.

As intervencións máis sobranceiras deste persoeiro abrangueron o eido das comunicacións, dos servizos, do ensino, da cultura ou do patrimonio, ademais dun importante labor e xenerosidade cos máis desfavorecidos.

As súas aportacións á restauración da igrexa parroquial abrangueron tamén ao adro, á compra e donación da capela dos Fidalgo, ao levantamento da torre do reloxio ou á donación do órgano. Grazas a el, Verín contou con banda de música, un colexiode primeiro ensino e ás suas expensas rematouse a igrexa dos Remedios. Os primeiros proxectos sobre o ferrocarril, a primeira empresa de autobuses e de electricidade ou o complexo balneario de Cabreiroá tamén se deben á súa iniciativa.

Asemade, Barbón destacaría tamén noutra faceta menos coñecida como foi a das finanzas ao establecer empresas como os transportes, a explotación balnearia e hoteleira ou a urbanística para a que elixiu Vigo por contar esta cidade con máis posibilidades de expansión.


RIQUEZA TERMAL

Unha das ilusións do benefactor da vila verinense foi a súa aposta pola riqueza termal. O proxecto de García Barbón era aproveitar as augas de Verín para convertir a vila nun gran balneario, que competira cos que había entonces abertos nas localidades lusas de Chaves e Vidago. Chegou incluso a plantexarse a idea de abrir un entidad financiera agrícola en Monterrei para ofrecer diñeiro ós veciños a un menor interés co que fixaba o mercado entonces.

Os recoñecementos de García Barbón xa foron moitos. Verín, con motivo do centenario do seu nacemento en 1931, ergueulle o busto que preside a praza do seu nome e que, en mirande parte, tamén se debe a súa inciativa.

Nembergantes, as distincións da súa figura tamén chegaron dende Vigo. O rei Alfonso XIII chegou a inaugurar na ciudade olívica en 1927 a estatua de García Barbón, na calle que leva o seu nome, feita polo escultor Asorey, nun día no que fóronlle outorgadas a título póstumo as cruces de beneficencia de Isabel la Católica e a de Alfonso XII.

E por eso desde estas liñas, procuramos que nesta data senlleira do 180 aniversario do nacemento, a súa memoria, esforzo e preocupación por esta vila permanezan vivos na memoria e sirvan de exemplo para as novas xentes que hoxe integran este Concello de Verín.

Te puede interesar