CAMPAÑA ANTIINCENDIOS

Verín sacará ós nenos ó monte para ver os danos dos incendios

Este evento forma parte do conxunto de actividades que se van a programar incluídas dentro do novo plan de xuventude proxectado pola área de Mocidade do Concello de Verín.

Pais, nais e fillos están convocados polo Concello de Verín o vindeiro sábado día 30 á primeira "romaría viva" da vila, un encontro de convivencia familiar gratuíto que terá lugar, a partir das 11,00 da mañá, na finca pertencente ao movemento Junior situada na Pousa. Este evento forma parte do conxunto de actividades que se van a programar incluídas dentro do novo plan de xuventude proxectado pola área de Mocidade do Concello de Verín.

Todos poderán disfrutar de xogos populares antigos, animación musical, da obra de teatro "Quen ben te quere non te fará chorar"; da actuación do Mago Chirleta de Lucenza, ou mesmo dunha saída polo campo para comprobar as consecuencias directas do maltrato medioambiental que orixinaron os últimos incendios na comarca de Monterrei. 

Te puede interesar