SAÚDE

A volta cicloturista “Val do Támega" terá lugar o día 9

Os participantes deberán recorrer un percorrido de 109 kilómetros 

O Clube Ciclista de Verín, en colaboración co Concello verinense, organizará o día 9 de xullo a oitava volta cicloturista "Val do Támega". A proba comezará ás 09,00 horas na praza García Barbón de Verín. Cunha dificultade media - alta, un desnivel de 1.300 metros e 109 quilómetros de percorrido, a volta transcorrerá polos concellos de Verín, Oimbra, Monterrei, Castrelo do Val, Laza, Vilar de Barrio, Sarreaus, Trasmiras e rematará no Castelo de Monterrei. 

As taxas de inscripción serán de 20 euros para as persoas federadas e 30 euros para as non federadas, producíndose este incremento do prezo pola licenza outorgada para ese día. Os menores de 20 anos, as persoas cunha discapacidade superior do 33 por cento e as mulleres non pagarán inscripción, a excepción de 10 euros polo permiso. A retirada dos dorsais poderá efectuarse o sábado, 8 de xullo, en horario de 17,00 horas a 20,00 horas. 

A proba estará adicada a Gonzalo Rabuñal do Xacobeo Galicia, que quedou en oitava posición na volta a España 2009.

Te puede interesar