MONTERREI

Volven as visitas guiadas aos lagares rupestres de Oímbra

Para participar nos roteiros interpretados será necesario presentarse no Concello ás 10,00 horas da mañá

O Concello de Oímbra promoverá dende este domingo e durante o periodo de verán diferentes visitas guiadas pola Ruta dos Lagares Rupestres deste municipio. Tamén se reabrirá, con motivo destas actividades, a Bodega das Barrocas, centro de recepción dos lagares. 

Para participar nos roteiros interpretados será necesario presentarse no Concello ás 10,00 horas da mañá, xa que dende alí partirá a comitiva. As datas sinaladas serán, ademais de hoxe, os días 28 de xullo, 25 de agosto e 29 de setembro. A Bodega das Barrocas, pola súa banda, abrirá as súas portas todos os domingos, dende as 10,00 horas ata as 14,00 horas.

Para organizar estas actividades, o Consistorio contou coa colaboración dunha empresa especializada.

Te puede interesar