CULTURA

Xa están dispoñibles as entradas para as xornadas de Novela Negra de Verín

novela negra verín (c.c.)
photo_camera Presentación desta cuarta edición na Biblioteca. (Foto: C.C.).
As IV xornadas de Novela Negra serán os días 3 e 4 de xuño

As entradas para as IV xornadas de Novela Negra de Verín xa están dispoñibles. Así o comunicaron dende a Biblioteca Municipal, organizadores do evento que se celebrará os días 3 e 4 de xuño no Auditorio.

Baixo o título "Personaxes de Novela", as entradas diarias teñen un prezo de dous euros. Este custo simbólico ten un dobre obxectivo: evitar a retirada de entradas sen ter a certeza absoluta de acudir ao evento e conseguir unha colaboración simbólica coa Biblioteca de Verín e as súas actividades de fomento á lectura.

As entradas poderán adquirirse na propia biblioteca e os días 3 e 4 de xuño no Auditorio. Ademais, dende o Concello habilitaron unha conta bancaria para realizar transferencias para os que non poidan acudir presencialmente a recoller a entrada. 

Te puede interesar