ANIMAIS

Xinzo reduciu o número de pombas de mil a menos de 200

Medio Ambiente contratou este servizo debido á existencia dun problema de "sobrepoboación"

A Concellería de Medio Ambiente de Xinzo, a través da empresa encargada de realizar un control poboacional da pomba común, ven de facer públicos os datos que atinxen á reducción dos grupos destas aves. 

Os técnicos encargados da actuación estimaron, ao comezo da mesma, un censo de máis de 1.000 exemplares no casco urbano. A finais do mes de marzo a empresa reduciu , segundo se extrae do seu último informe, entre un 89 e un 98 por cento o tamaño da poboación de pomba común. Así mesmo, estímase que a cifra actual destas aves na vila é de 167. 

Medio Ambiente contratou este servizo debido á existencia dun problema de "sobrepoboación". 

Te puede interesar